martes, 18 de octubre de 2016

Posible xemelgo da Terra en órbita dunha estrela similar ao Sol.














Isto créanos a duda de se podería existir vida máis alá do noso Sistema ...  






Este novo planeta, denominado Kepler-22b, foi descuberto fai meses en órbita dunha estrela similar ao Sol a 600 anos-luz de nós. Pode reunir as características fundamentais para ser habitable porque a zona na que se encontra, permítelle ter á superficie unha temperatura adecuada como para ter auga, polo que nun futuro podería ser habitado.

É moi pouco probable que o único sitio no que exista vida sexa no noso Sistema, sen embargo, soemos pensar o contrario. O que nos leva a pensar isto é o feito de que o universo e inmenso, e non coñecemos practicamente nada del. 
Co descubrimento destes planetas non todo son ventaxas, aínda que así nolo poida parecer, porque as investigacións centraríanse expresamente neles, en lugar de expandirse máis e facer novos hallazgos. 

De todas formas, temos que ter en conta que a ciencia apenas está comezando porque, antes de que a noso estrela remate a súa vida, quedan miles de millóns de anos. A ciencia avanza moi rápido, e absolutamente ningún de nós sabe ata que punto daremos chegado.