martes, 20 de diciembre de 2016

Pode existir unha estrela perfectamente redonda no universo?

Alá fóra no Universo, se hai algo difícil de encontrar é unha esfera perfecta. Os planetas e as estrelas non o son para nada, xa que as forzas ás que están sometidos fan que sexan aplastados nos polos.


"Comparación entre o obxecto esférico máis perfecto do universo e a nosa estrela, o Sol"





Sen embargo, a uns 5000 anos luz encontrouse un planeta cuxa esfera é tan perfecta que chega a desafiar as leis da física, denominada Kepler 111445123, e é a estrela máis esférica coñecida ata o momento no noso universo.

Non nos debemos de fiar completamente polas teorías que ata agora rixen o noso universo xa que, segundo se van facendo novos descubrimentos, vanse ir descartando e dando lugar a novos datos que servirán para poder abrir futuras partes a outros lugares do universo.


Ata o momento, coñeecmos escasamente a noso galaxia, a Vía Láctea, e nin sequera sabemos con certeza que tipo de galaxia é segundo a súa forma e características. Si é certo que temos unha idea de que pode ser unha espiral barrada, pero por calquera novo dato que obteñamos, esta teoría vai cambiar, así como o va facer as que rixen o universo.

jueves, 15 de diciembre de 2016

Charles Darwin





Aquí vos deixo a nosa presentación que realizamos neste trimestre en Cultura Científica as alumnas de 4ºESO-B: María Jacobs Sánches, Sonia Romero Vidal, Miranda Carou Laíño e María Gómez Sánchez.
Espero que vos guste e vos sexa útil.
Un saúdo e que teñades bo día.

martes, 29 de noviembre de 2016

Ten Stephen Hawking medo aos extraterrestres?

Nunha nova película online, chamada "Os lugares favoritos de Stephen Hawking, volveu a deixar claras as súas opinións acerca da posible existenca de civilizacións extraterrestres.
Para máis información acerca da súa película, así como dos seus lugares de preferencia, visitade:  PlacesStephenHawking . 
El mesmo asegura que está convencido máis que nunca de que non estamos sós no Universo. Despois de toda unha vida de preguntas, está axudando a liderar un novo esforzo global para comunicar con eles. Sen embargo, non debemos contactar con eles, aínda que sepamos de sobra que estamos aí. 
Un día poderíamos recibir unha señal procedente dun planeta como Gliesse 832c, pero non podemos respondela porque, se o facemos, poderían ser moito máis  poderosos que nós, polo que nos poderían dar o mesmo valor que nós lle damos ás bacterias, o que supuría o fin da humanidade. 




O máis incrible de todo isto é que temos que ter en conta de que Stephen Hawking, pese á súa discapacidade, aporta moita máis información é teorías á ciencia que moitos dos científicos que hai actualmente. Aínda que poida parecer unha "chorrada", ou simplemente non lle prestemos atención, ten moitísimo mérito. 




lunes, 28 de noviembre de 2016

Fuxir do noso planeta o máis rápido posible !





Foi o propio Stephen Hawking o que dixo isto, e insiste continuamente en que debemos de seguir buscando vida "para escapar da fráxil" Terra. 
Nestes últimos 50 anos, a nosa comprensión sobre o Universo experimentou "un gran cambio", e el móstrase feliz por contribuír a este proceso, así como tamén afirmou que estar vivo e investigar sobre física teórica en 2016 resulta "glorioso". 
É un triunfo o feito de que os seres humanos, que non somos máis que pó de estrelas polos elementos dos cales estamos constituídos, sexamos capaces de ter este gran entendemento sobre as leis que nos rixen e o Universo. 
Sen embargo, os avances na ciencia e a tecnoloxía poñen en riesgo que a vida se siga mantendo no noso planeta porque derivarán "novas vías polas que as cousas poden acabar mal", por exemplo: o desarrollo tecnolóxico de virus en laboratorios pode facer que un día un eses virus acaben ca raza humana; ou incluso o desarrollo da enerxía nuclear pode facer que esta mesma acabe co planeta. O que quero dicir con isto é que, aínda que á Terra se lle estiman varios millóns de anos de vida, non quere dicir que a especie humana vaia a perdurar tanto. 

Á moitas persoas pode que isto non lles importe nin o máis mínimo, xa que non vamos estar aquí cando suceda isto, pero temos que ter en conta que é moi importante que estudemos e adquiramos coñecementos para contribuír ao avance da ciencia e a tecnoloxía, e así abandoar dunha vez por todas a Terra para conolicemos outros planetas. 

lunes, 14 de noviembre de 2016

A SUPERLÚA


A Lúa chea deste luns 14 de novembro foi unha superlúa, a máis grande e brillante dos últimos 70 anos. Ata o 2034 non volveremos ver outra de tamaño semellante a esta.



Salida de la Luna esta noche junto a las torres de la catedral de Santiago de Compostela

Moitos observatorios e centros astronómicos de todo o mundo encargáronse de contalo e os medios de comunicación lograron recoller a noticia coa finalidade de ilusionar á xente e que se interese por estes temas.  Sen embargo, a superlúa non foi tan "súper" como nos fixeron crer xa que , para calquera de nós, o noso satélite non se veu demasiado diferente ao doutras Lúas cheas.

Con esto quero dicir que non podemos pensar que iamos ver algo xigantesco cerca nosa, coma se fora sacado dunha película de ciencia ficción. Esto son máis ben expectativas que os científicos fixeron divulgar para crear entusiasmo e facer crer á xente de que sería algo fora do común, cando realmente non foi así.

Pese a todo isto, si é certo que, para calquera de nós, a Lúa pareceu un pouco máis grande.
A superlúa prodúcese cando a Lúa alcanza o punto máis cercano á nosa Terra (perigeo) e, neste caso, coincide con que hai Lúa chea. Aquí vcos deixo un esquema para que o comprendades perfectamente.

Quen é Antonio Martínez Ron?

Antonio Martínez Ron é un periodista, divulgador científico e organizador de eventos de comunicación científica.  Seguramente a maioría de vós non o coñezades, polo que vos vou a contar datos curiosos del.

solapa1

Traballou como editor de ciencia en difentes medios de prensa, e é o creador dalgúns dos proxectos dixitais de divulgación máis exitosos en español, como Neukas e Fogonazos
Polo seu éxito como periodista, recibeu un Premio Prismas, dous premios Bitácoras e dous premios 20 Minutos; así como un Premio Blasillo polo seu grande inxenio en Internet.
Para saber máis información: About.me


É moi importante que teñamos en conta que non só os científicos contrbúen ao desarrollo e enriquecemento da ciencia, aínda que moitos o pensemos así, senón que hai tamén persoas que se encargan de difundir a ciencia, que máis xente se interese por ela e, por tanto, aumente o nivel científico xeral da poboación. 






martes, 8 de noviembre de 2016

Por que é tan difícil aterrizar en Marte ?

A gran pregunta que a maioría nos facemos é que é o que fai que Marte sexa un lugar que non ofreza seguridade e tan difícil de alcanzar, a pesar de que levamos 40 anos tratando de aterrizar alí.

Para empezar, é un lugar de clima duro para nós, polo tanto tamén para os nosos equipos e materiais. Como ten unha atmosfera máis delgada que a terrestre tamén supón un problema  á hora de aterrizar. Son habituais as imaxes de naves que regresan á Terra e o fan grazas a unha mezcla de escudo térmico unido a un conxunto de paracaídas.  

La sonda Viking fue la primera que Estados Unidos posó en Marte. (NASA)
Aterrizar en Marte supón un reto para as axenciais espaciais do planeta. Estanse estudando novas formas de aterrizar de maneira segura. A NASA parece haber descartado o uso dunha nova xeración de paracaídas. 
A nova técnica que se está estudando implica a un novo actor: SpaceX. Chámase retropopulsión supersónica. Esta técnica permitiría enviar naves moito máis pesadas, como a Red Dragon que Elon Musk pretende poñer no solo marciono en 2018. 

Desde o meu punto de vista, se algo queda claro despois de moitos anos de misións e naves enviadas a Marte é que aínda non é para nada seguro de aterrizar, polo menos non ca tecnoloxía da que dispoñemos actualmente. Nun futuro é totalmente razonable que a situación mellore, e podamosacceder a el, así como a outros tantos planetas, con total seguridade e sen ningún tipo de problemas 





martes, 18 de octubre de 2016

Posible xemelgo da Terra en órbita dunha estrela similar ao Sol.














Isto créanos a duda de se podería existir vida máis alá do noso Sistema ...  






Este novo planeta, denominado Kepler-22b, foi descuberto fai meses en órbita dunha estrela similar ao Sol a 600 anos-luz de nós. Pode reunir as características fundamentais para ser habitable porque a zona na que se encontra, permítelle ter á superficie unha temperatura adecuada como para ter auga, polo que nun futuro podería ser habitado.

É moi pouco probable que o único sitio no que exista vida sexa no noso Sistema, sen embargo, soemos pensar o contrario. O que nos leva a pensar isto é o feito de que o universo e inmenso, e non coñecemos practicamente nada del. 
Co descubrimento destes planetas non todo son ventaxas, aínda que así nolo poida parecer, porque as investigacións centraríanse expresamente neles, en lugar de expandirse máis e facer novos hallazgos. 

De todas formas, temos que ter en conta que a ciencia apenas está comezando porque, antes de que a noso estrela remate a súa vida, quedan miles de millóns de anos. A ciencia avanza moi rápido, e absolutamente ningún de nós sabe ata que punto daremos chegado.