martes, 7 de febrero de 2017

Desastre de Aznalcóllar

Foi un desastre ecolóxico producido polo vertido de residuos tóxicos no Parque Nacional de Doñana, en Andalucía, fai pouco menos de 20 anos, causado pola rotura da presa da balsa de decantación da mina 





Ao analizar esas augas contaminadas, chegouse á conclusión de que o maior contaminante era o Zn (73mg/l). Aínda que tamén se encontraron en menores cantidades o chumbo, cobalto, níquel e cadmio. 




A contaminación do solo polo paso das augas mailo lodo foi brutal, non só superficial, senón tamén subterránea. Isto debeuse a que os solos de Doñana, antes do gran desastre, encontrábase seco e moi agrietado, é dicir, xa se encontraba en pésimas condicións. Esas grietas contribuíron na maior parte a que as augas penetraran polo solo, e así contaminaran todos os acuíferos.
A partir desto, fóronse desencadeando diversas consecuencias, como impedir que a xente gozara de auga potable xa que, ao estares contaminados os acuíferos, a auga que chegaba ás casas non sería apta para usar. Á súa vez, causou danos irreparables nos cultivos, fincas, etc do arredor.




Este problema, nun principio,críase non tan grave do que realmente era, e encontráronlle medidas óptimas para intentar solucionalo.

Sen embargo, co paso dos días fóronse dando que, a partir dun problema principal, deriváronse múltiples, polo que se tiveron que central seriamente para que Andalucía volvese ser a que coñecemos hoxe en día.