domingo, 18 de junio de 2017

SORPRESA! XÚPITER É MÁIS ANTIGO QUE O SOL



"Un equipo de investigadores dunha universidade de Alemaña descubriu que Xúpiter é o máis antigo dos planetas do Sistea Solar. ero non só eso, senon que a análise de certos isótopos presentes en meteoritos suxire que o xigante gasoso podería haberse formado antes que o propio Sol comezara a brillar". 




Xúpiter pertence a un tipo de planetas chamado xigantes gasosos, e o seu nacemento implica, primeiro, a formación dun núcleo sólido, seguido por un largo periodo de acumulación de capas de gas ao seu redor. Segundo o modelo dos investigadores, Xúpiter creceu no primeiro millón de anos 20 veces a masa do noso planeta. Nese momento, o Sol era unha protoestrela, e non tiña a suficiente densidade e forza como para atraer e alimentar a outros planetas. 
Polo tanto, esto quere dicir que Xúpiter é o planeta máis antigo do noso Sistema e o seu núcleo formouse antes de que a neulosa solar se disipara. 

O sorprendente desta noticia non é todo o proceso polo que pasou este planeta, pois pódelle pasar a moitos outros. O que nos impacta é que, un planeta que consideramos desde toda a vida parte nosa, de súpeto descubramos que non é así, senón que foi atraído doutro Sistema ata o noso cando o Sol comezou a ter a suficiente densidade como para facelo.

Premer na seguinte ligazón para obter máis información ao respeto:  Más antiguo que el Sistema

OFENSIVA CONTRA A CIENCIA






Por unha parte, encontrámonos con que o rechazo ás vacunas é cada vez máis intenso e máis grave. Moitos deste país se opoñen á vacunación debido a que pode ¡n ter consecuencias ou a que se poden chegar a introducir toxinas perigosas no noso corpo. Pero realmente, estas salvan o 80, ou incluso o 90%, das persoas que a aplican. Mentres que uns se opoñen a elas porque pensan que non hai nada peor que elas, outros loitan por ter dereito ao seu acceso. Pero realmente sí que hai algo peor que unha vacuna, e é non ter acceso a elas.







Por outra parte, está o rechazo aos alimentos transxénicos. A maior parte da xente cre que hai unha polémica sobre a seguridade para a saúde dos transxénicos, cando realmente non é así. Todos os científicos coinciden en que éstes son seguros paraa saúde e tamén para o medio ambiente. Se levan moito tempo investigando sobre eles, ademais de haber descartado calquera tipo de risco, é porque están convencidos de que son o mellor método de incrementar o contido de vitamina A do arroz e, aínda que nós non temos este problema, lugares como unha parte de Asia son pobres neste alimento esencial. O rechazo irracional a estes alimentos débese aos grupos ecoloxistas, especialmente a Greenpeace


A conclusión que extraemos de todo isto é que non podemos poñernos en contra de certos avances médicos que contribúen favorablemente na nosa saúde polo simple feito de deixarnos influenciar por xente do noso arredor. O que debemos facer é informarnos, e incluso investigar pola nosa conta, para coñecer a fondo o que estamos tratando. 
Para obter máis información, premede na seguinte ligazón: LUCHEMOS POR NUESTRA SALUD

INTELIXENCIA ARTIFICIAL






"Nunha soa célula do teu corpo está o teu cerebro enteiro, e non é unha metáfora"





Partindo de células nai derivadas da pel, os científicos xa saben xerar unha especie de bloques de construción do cerebro humano, chamadas esferoides (unhas boliñas cun mm de diámetro, cada unha cun millón de neuronas).
O que pretenden con todo isto, é aprender a contruír unha mente humana artificial, e sería moi interesante ver ata onde son capaces de chegar. ¿Surxirá unha superintelixencia capaz de superar ao seu humano?
Pero hai moitos científicos que non están dispostos a construír unha intelixencia non humana que os supere, precismente por iso. Sen embargo, se nos non traballamos nas tecnoloxías intelixentes, alguén o fará. A única preocupación é que esto non se leve a cabo cos poucos anos requeridos debido aos luditas ou bioluditas, que son os que propoñen a prohibición daquelas tecnoloxías que poden significar un risco para a humanidade. Sen ningunha dúbida isto supón un gran perigo para todos nós, pero por outra parte son tantas as ventaxas que vale a pena correr riscos: unha delas sería a copia da mente (recargar a mente nun ordenador) 


Outras tantas ventaxas que aportará son:

-Viaxar á velocidade da luz.
-Vivir nun espacio moi reducido (un ordenador).
-Alargar considerablemente a vida.
-Incrementar moito os coñecementos: aumentar a memoria, agregar novos sentidos.
-Comunicarse directamente, é dicir, comunicación directa de mente a mente.





UN SOL ARTIFICIAL




Científicos do DLR Institute of Solar Research construíron o maior sol artificial do mundo, composto por 149 focos de xenón. Cando todos se proxectan hacia un punto, son capaces de xerar unha temperatura duns 3000ºC, 10000 veces máis potente que a luz que chega ao noso planeta. 

 La réplica solar, que ha recibido el nombre de 'Synlight', está construida en el interior de un edificio de cuatro plantas de altura.
O principal obxectivo da investigación é avanzar na produción de enerxía sobre os países do norte de Europa, onde as horas de sol  son máis escasas. Proxectos como 'Synlisht' poderían permitir a estes países competir en igualdade de condicións nas enerxías renovables, reducindo a súa dependencia dos combustibles fósiles  e con esto as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. 
O lugar elixido para construílo foi a cidade de Jülich, e o seu coste ascendeu a 3,5 millóns de euros.

A meta disto é producir enerxía dunha forma totalmente innovadora e ao contrario dunha central nuclear, é dicir, en vez de producir enerxía a través da fisión nuclear, xera enerxía por fusión.