domingo, 18 de junio de 2017

INTELIXENCIA ARTIFICIAL






"Nunha soa célula do teu corpo está o teu cerebro enteiro, e non é unha metáfora"





Partindo de células nai derivadas da pel, os científicos xa saben xerar unha especie de bloques de construción do cerebro humano, chamadas esferoides (unhas boliñas cun mm de diámetro, cada unha cun millón de neuronas).
O que pretenden con todo isto, é aprender a contruír unha mente humana artificial, e sería moi interesante ver ata onde son capaces de chegar. ¿Surxirá unha superintelixencia capaz de superar ao seu humano?
Pero hai moitos científicos que non están dispostos a construír unha intelixencia non humana que os supere, precismente por iso. Sen embargo, se nos non traballamos nas tecnoloxías intelixentes, alguén o fará. A única preocupación é que esto non se leve a cabo cos poucos anos requeridos debido aos luditas ou bioluditas, que son os que propoñen a prohibición daquelas tecnoloxías que poden significar un risco para a humanidade. Sen ningunha dúbida isto supón un gran perigo para todos nós, pero por outra parte son tantas as ventaxas que vale a pena correr riscos: unha delas sería a copia da mente (recargar a mente nun ordenador) 


Outras tantas ventaxas que aportará son:

-Viaxar á velocidade da luz.
-Vivir nun espacio moi reducido (un ordenador).
-Alargar considerablemente a vida.
-Incrementar moito os coñecementos: aumentar a memoria, agregar novos sentidos.
-Comunicarse directamente, é dicir, comunicación directa de mente a mente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario