domingo, 18 de junio de 2017

OFENSIVA CONTRA A CIENCIA






Por unha parte, encontrámonos con que o rechazo ás vacunas é cada vez máis intenso e máis grave. Moitos deste país se opoñen á vacunación debido a que pode ¡n ter consecuencias ou a que se poden chegar a introducir toxinas perigosas no noso corpo. Pero realmente, estas salvan o 80, ou incluso o 90%, das persoas que a aplican. Mentres que uns se opoñen a elas porque pensan que non hai nada peor que elas, outros loitan por ter dereito ao seu acceso. Pero realmente sí que hai algo peor que unha vacuna, e é non ter acceso a elas.







Por outra parte, está o rechazo aos alimentos transxénicos. A maior parte da xente cre que hai unha polémica sobre a seguridade para a saúde dos transxénicos, cando realmente non é así. Todos os científicos coinciden en que éstes son seguros paraa saúde e tamén para o medio ambiente. Se levan moito tempo investigando sobre eles, ademais de haber descartado calquera tipo de risco, é porque están convencidos de que son o mellor método de incrementar o contido de vitamina A do arroz e, aínda que nós non temos este problema, lugares como unha parte de Asia son pobres neste alimento esencial. O rechazo irracional a estes alimentos débese aos grupos ecoloxistas, especialmente a Greenpeace


A conclusión que extraemos de todo isto é que non podemos poñernos en contra de certos avances médicos que contribúen favorablemente na nosa saúde polo simple feito de deixarnos influenciar por xente do noso arredor. O que debemos facer é informarnos, e incluso investigar pola nosa conta, para coñecer a fondo o que estamos tratando. 
Para obter máis información, premede na seguinte ligazón: LUCHEMOS POR NUESTRA SALUD

No hay comentarios:

Publicar un comentario