domingo, 18 de junio de 2017

SORPRESA! XÚPITER É MÁIS ANTIGO QUE O SOL



"Un equipo de investigadores dunha universidade de Alemaña descubriu que Xúpiter é o máis antigo dos planetas do Sistea Solar. ero non só eso, senon que a análise de certos isótopos presentes en meteoritos suxire que o xigante gasoso podería haberse formado antes que o propio Sol comezara a brillar". 




Xúpiter pertence a un tipo de planetas chamado xigantes gasosos, e o seu nacemento implica, primeiro, a formación dun núcleo sólido, seguido por un largo periodo de acumulación de capas de gas ao seu redor. Segundo o modelo dos investigadores, Xúpiter creceu no primeiro millón de anos 20 veces a masa do noso planeta. Nese momento, o Sol era unha protoestrela, e non tiña a suficiente densidade e forza como para atraer e alimentar a outros planetas. 
Polo tanto, esto quere dicir que Xúpiter é o planeta máis antigo do noso Sistema e o seu núcleo formouse antes de que a neulosa solar se disipara. 

O sorprendente desta noticia non é todo o proceso polo que pasou este planeta, pois pódelle pasar a moitos outros. O que nos impacta é que, un planeta que consideramos desde toda a vida parte nosa, de súpeto descubramos que non é así, senón que foi atraído doutro Sistema ata o noso cando o Sol comezou a ter a suficiente densidade como para facelo.

Premer na seguinte ligazón para obter máis información ao respeto:  Más antiguo que el Sistema

No hay comentarios:

Publicar un comentario