lunes, 28 de noviembre de 2016

Fuxir do noso planeta o máis rápido posible !





Foi o propio Stephen Hawking o que dixo isto, e insiste continuamente en que debemos de seguir buscando vida "para escapar da fráxil" Terra. 
Nestes últimos 50 anos, a nosa comprensión sobre o Universo experimentou "un gran cambio", e el móstrase feliz por contribuír a este proceso, así como tamén afirmou que estar vivo e investigar sobre física teórica en 2016 resulta "glorioso". 
É un triunfo o feito de que os seres humanos, que non somos máis que pó de estrelas polos elementos dos cales estamos constituídos, sexamos capaces de ter este gran entendemento sobre as leis que nos rixen e o Universo. 
Sen embargo, os avances na ciencia e a tecnoloxía poñen en riesgo que a vida se siga mantendo no noso planeta porque derivarán "novas vías polas que as cousas poden acabar mal", por exemplo: o desarrollo tecnolóxico de virus en laboratorios pode facer que un día un eses virus acaben ca raza humana; ou incluso o desarrollo da enerxía nuclear pode facer que esta mesma acabe co planeta. O que quero dicir con isto é que, aínda que á Terra se lle estiman varios millóns de anos de vida, non quere dicir que a especie humana vaia a perdurar tanto. 

Á moitas persoas pode que isto non lles importe nin o máis mínimo, xa que non vamos estar aquí cando suceda isto, pero temos que ter en conta que é moi importante que estudemos e adquiramos coñecementos para contribuír ao avance da ciencia e a tecnoloxía, e así abandoar dunha vez por todas a Terra para conolicemos outros planetas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario