Boas queridos lector@s, chámome Sonia Romero Vidal e quero informarvos de que o meu blog vai tratar expresamente sobre temas cotidianos e impactantes, dos que é necesario concienciarse e adquirir coñecementos, para así contribuír ao divulgamento e o avance da ciencia.
lunes, 14 de noviembre de 2016
A SUPERLÚA
A Lúa chea deste luns 14 de novembro foi unha superlúa, a máis grande e brillante dos últimos 70 anos. Ata o 2034 non volveremos ver outra de tamaño semellante a esta.
Moitos observatorios e centros astronómicos de todo o mundo encargáronse de contalo e os medios de comunicación lograron recoller a noticia coa finalidade de ilusionar á xente e que se interese por estes temas. Sen embargo, a superlúa non foi tan "súper" como nos fixeron crer xa que , para calquera de nós, o noso satélite non se veu demasiado diferente ao doutras Lúas cheas.
Con esto quero dicir que non podemos pensar que iamos ver algo xigantesco cerca nosa, coma se fora sacado dunha película de ciencia ficción. Esto son máis ben expectativas que os científicos fixeron divulgar para crear entusiasmo e facer crer á xente de que sería algo fora do común, cando realmente non foi así.
Pese a todo isto, si é certo que, para calquera de nós, a Lúa pareceu un pouco máis grande.
A superlúa prodúcese cando a Lúa alcanza o punto máis cercano á nosa Terra (perigeo) e, neste caso, coincide con que hai Lúa chea. Aquí vcos deixo un esquema para que o comprendades perfectamente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario