martes, 31 de enero de 2017

Ata que punto pode chegar a contaminación atmosférica?

A contaminación atmosférica é un dos maiores problemas que existe no noso planeta, e fai que, segundo vai pasando o tempo, a vida se desenvolva con máis dificultade.
As principais causas son a emisión de gases contaminantes á atmosfera, procedentes de vehículos, fábricas, etc. Para moitos de nós pode que isto non sexa un problema, xa que pasamos do tema e, aínda peor, contribuímos a esta contaminación. 

Este problema foise agravando ata tal punto que, nas cidades máis grandes e importantes, como Madrid, se prohibe na gran maioría das horas do día a circulación de coches; esta circulación dependerá de se as matrículas acaben en número par ou impar.
Aínda que nos poida parecer unha idea absurda, e incluso graciosa, cómpre que nos demos conta da crítica situación pola que estamos pasando, e que todos contribuamos a frear o seu avance. 


O que se amosa nesta imaxe, por moi incrible que poida parecer, é o ceo de Madrid cuberto pola campá de contaminación urbana, tamén denominado "efecto smog", como consecuencia da excesiva emisión de gases. 



Como este caso, están sucedendo moitos outros ao redor do mundo. Para que vos concienciedes sobre os danos irreparables que lle estamos causando ao planeta, aconséllovos que visitedes o seguinte enlace: nuestroclima.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario