lunes, 27 de marzo de 2017

Dez anos apagando a luz polo Planeta








A Hora do Planeta celebrouse este sábado 25 de marzo por décimo ano consecutivo. 
Esta tradición comezou no 2007, cando o WWF lanzou unha campaña en Sidney para apagar a luz durante unha hora como "mostra  da loita contra o cambio climático".
Dez anos despois, sendo realizada por 178 países é, segundo a organización, "a maior iniciativa mundial en defensa do medio ambiente"








Este sábado, entre as 20:30 e as 21:30, os cidadáns foron chamados para apagar a luz e, ademsis, WWF recordounos a todos unha vez máis que 2016 foi o ano máis cálido desde 1880 e que, desde que comezou este século, cada ano bateu o récord de temperatura do anterior. 
Este acto de apagar que se está levando a cabo nestes últimos anos pode pare cer insignificante xa que, ao fin e ao cabo, só se apagan durante unha hora. Pero, temos que fixarnos na inmensa cantidade de persoas que se comprometen a participar, que xa non falamos de centos ou miles, senón de cerca de 2000 millóns de persoas e todo o mundo. 
Actualmente, grazas a este tipo de actos e demais campañas, logrouse concienciar á xente de que o cambio climático está presente, pero cando comezaron fai 20 anos tiveron que superar todo tipo de obstáculos porque a maior parte dos países que xa estaban industrializados, non permitían ningún tipo de avance. 
Premede na seguinte ligazón para ver o vídeo oficial da Hora do Planeta, onde se vos explicará todo con detalle: www.horadelplaneta.es/


WWF insiste na importancia de implicar a toda a sociedade  na loita contra o cambio climático, pero non só teñen que tomar iniciativa as organizacións, senón os propios cidadáns. Suxérese que se preste atención á alimentación e aconséllase consumir só productos frescos, así como reducir a cantidade de carne que comemos. Ademais, recordan a importancia de darlle prioridade a desprazarse a pé, en bicicleta ou en transporte público, e tamén fomentar o reciclaxe. 

Día mundial da auga

                                   -A HUMANIDADE NECESITA AUGA 

Saru Saud, de 7 años, bebe agua en la comunidad en la empobrecida aldea de Biraltoli, en el distrito de Achham, en la región de Far-Western, en Nepal.  
Unha gota de auga é flexible, poderosa, e máis flexible que nunca. 
A auga é un elemento esencial do desarrollo sostible; propicia o benestar da poboación e o crecemento tamén. 
Ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas porque incide en cuestións que afectan a seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.  

Na actualidade, máis de 663 millóns de persoas viven sen suministro de auga potable cerca da casa, o que lles obriga a pasar horas afcendo cola ou trasladándose a fuentes lexanas, así como tamén facer fornte a problemas de saúde que se xeran debido ao consumo de auga contaminada.

Entón, por que desperdiciar auga?
Este ano, as campañas estanse centrando en como reducir e reutilizar ata un 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, agricultura, etc, que volven de novo á natureza, contaminando o medo ambiente e perdendo nutrientes de gran valor.
Necesitamos aumentar a recoleción e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, tamén reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio.
E é aquí cando entran en xogo os Días Internacionais. Moitos vos preguntaredes para que serven e cal é a súa finalidade ou utilidade.
Este día de gran importancia, o 22 de marzo, no que se reúnen abundantes grupos de persoas en diversas manifestacións e asambleas, é unha excelente oportunidade  para aprender máis sobre temas relacionados ca auga, que ademais serve de inspiración para compartir os problemas relacionados e así tomar medidas para cambiar a situación

Imagen relacionada

Imagen relacionada