lunes, 27 de marzo de 2017

Dez anos apagando a luz polo Planeta








A Hora do Planeta celebrouse este sábado 25 de marzo por décimo ano consecutivo. 
Esta tradición comezou no 2007, cando o WWF lanzou unha campaña en Sidney para apagar a luz durante unha hora como "mostra  da loita contra o cambio climático".
Dez anos despois, sendo realizada por 178 países é, segundo a organización, "a maior iniciativa mundial en defensa do medio ambiente"








Este sábado, entre as 20:30 e as 21:30, os cidadáns foron chamados para apagar a luz e, ademsis, WWF recordounos a todos unha vez máis que 2016 foi o ano máis cálido desde 1880 e que, desde que comezou este século, cada ano bateu o récord de temperatura do anterior. 
Este acto de apagar que se está levando a cabo nestes últimos anos pode pare cer insignificante xa que, ao fin e ao cabo, só se apagan durante unha hora. Pero, temos que fixarnos na inmensa cantidade de persoas que se comprometen a participar, que xa non falamos de centos ou miles, senón de cerca de 2000 millóns de persoas e todo o mundo. 
Actualmente, grazas a este tipo de actos e demais campañas, logrouse concienciar á xente de que o cambio climático está presente, pero cando comezaron fai 20 anos tiveron que superar todo tipo de obstáculos porque a maior parte dos países que xa estaban industrializados, non permitían ningún tipo de avance. 
Premede na seguinte ligazón para ver o vídeo oficial da Hora do Planeta, onde se vos explicará todo con detalle: www.horadelplaneta.es/


WWF insiste na importancia de implicar a toda a sociedade  na loita contra o cambio climático, pero non só teñen que tomar iniciativa as organizacións, senón os propios cidadáns. Suxérese que se preste atención á alimentación e aconséllase consumir só productos frescos, así como reducir a cantidade de carne que comemos. Ademais, recordan a importancia de darlle prioridade a desprazarse a pé, en bicicleta ou en transporte público, e tamén fomentar o reciclaxe. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario