martes, 7 de febrero de 2017

Desastre de Aznalcóllar

Foi un desastre ecolóxico producido polo vertido de residuos tóxicos no Parque Nacional de Doñana, en Andalucía, fai pouco menos de 20 anos, causado pola rotura da presa da balsa de decantación da mina 





Ao analizar esas augas contaminadas, chegouse á conclusión de que o maior contaminante era o Zn (73mg/l). Aínda que tamén se encontraron en menores cantidades o chumbo, cobalto, níquel e cadmio. 




A contaminación do solo polo paso das augas mailo lodo foi brutal, non só superficial, senón tamén subterránea. Isto debeuse a que os solos de Doñana, antes do gran desastre, encontrábase seco e moi agrietado, é dicir, xa se encontraba en pésimas condicións. Esas grietas contribuíron na maior parte a que as augas penetraran polo solo, e así contaminaran todos os acuíferos.
A partir desto, fóronse desencadeando diversas consecuencias, como impedir que a xente gozara de auga potable xa que, ao estares contaminados os acuíferos, a auga que chegaba ás casas non sería apta para usar. Á súa vez, causou danos irreparables nos cultivos, fincas, etc do arredor.




Este problema, nun principio,críase non tan grave do que realmente era, e encontráronlle medidas óptimas para intentar solucionalo.

Sen embargo, co paso dos días fóronse dando que, a partir dun problema principal, deriváronse múltiples, polo que se tiveron que central seriamente para que Andalucía volvese ser a que coñecemos hoxe en día.









martes, 31 de enero de 2017

Ata que punto pode chegar a contaminación atmosférica?

A contaminación atmosférica é un dos maiores problemas que existe no noso planeta, e fai que, segundo vai pasando o tempo, a vida se desenvolva con máis dificultade.
As principais causas son a emisión de gases contaminantes á atmosfera, procedentes de vehículos, fábricas, etc. Para moitos de nós pode que isto non sexa un problema, xa que pasamos do tema e, aínda peor, contribuímos a esta contaminación. 

Este problema foise agravando ata tal punto que, nas cidades máis grandes e importantes, como Madrid, se prohibe na gran maioría das horas do día a circulación de coches; esta circulación dependerá de se as matrículas acaben en número par ou impar.
Aínda que nos poida parecer unha idea absurda, e incluso graciosa, cómpre que nos demos conta da crítica situación pola que estamos pasando, e que todos contribuamos a frear o seu avance. 


O que se amosa nesta imaxe, por moi incrible que poida parecer, é o ceo de Madrid cuberto pola campá de contaminación urbana, tamén denominado "efecto smog", como consecuencia da excesiva emisión de gases. 



Como este caso, están sucedendo moitos outros ao redor do mundo. Para que vos concienciedes sobre os danos irreparables que lle estamos causando ao planeta, aconséllovos que visitedes o seguinte enlace: nuestroclima.com.

martes, 20 de diciembre de 2016

Pode existir unha estrela perfectamente redonda no universo?

Alá fóra no Universo, se hai algo difícil de encontrar é unha esfera perfecta. Os planetas e as estrelas non o son para nada, xa que as forzas ás que están sometidos fan que sexan aplastados nos polos.


"Comparación entre o obxecto esférico máis perfecto do universo e a nosa estrela, o Sol"





Sen embargo, a uns 5000 anos luz encontrouse un planeta cuxa esfera é tan perfecta que chega a desafiar as leis da física, denominada Kepler 111445123, e é a estrela máis esférica coñecida ata o momento no noso universo.

Non nos debemos de fiar completamente polas teorías que ata agora rixen o noso universo xa que, segundo se van facendo novos descubrimentos, vanse ir descartando e dando lugar a novos datos que servirán para poder abrir futuras partes a outros lugares do universo.


Ata o momento, coñeecmos escasamente a noso galaxia, a Vía Láctea, e nin sequera sabemos con certeza que tipo de galaxia é segundo a súa forma e características. Si é certo que temos unha idea de que pode ser unha espiral barrada, pero por calquera novo dato que obteñamos, esta teoría vai cambiar, así como o va facer as que rixen o universo.

jueves, 15 de diciembre de 2016

Charles Darwin





Aquí vos deixo a nosa presentación que realizamos neste trimestre en Cultura Científica as alumnas de 4ºESO-B: María Jacobs Sánches, Sonia Romero Vidal, Miranda Carou Laíño e María Gómez Sánchez.
Espero que vos guste e vos sexa útil.
Un saúdo e que teñades bo día.

martes, 29 de noviembre de 2016

Ten Stephen Hawking medo aos extraterrestres?

Nunha nova película online, chamada "Os lugares favoritos de Stephen Hawking, volveu a deixar claras as súas opinións acerca da posible existenca de civilizacións extraterrestres.
Para máis información acerca da súa película, así como dos seus lugares de preferencia, visitade:  PlacesStephenHawking . 
El mesmo asegura que está convencido máis que nunca de que non estamos sós no Universo. Despois de toda unha vida de preguntas, está axudando a liderar un novo esforzo global para comunicar con eles. Sen embargo, non debemos contactar con eles, aínda que sepamos de sobra que estamos aí. 
Un día poderíamos recibir unha señal procedente dun planeta como Gliesse 832c, pero non podemos respondela porque, se o facemos, poderían ser moito máis  poderosos que nós, polo que nos poderían dar o mesmo valor que nós lle damos ás bacterias, o que supuría o fin da humanidade. 




O máis incrible de todo isto é que temos que ter en conta de que Stephen Hawking, pese á súa discapacidade, aporta moita máis información é teorías á ciencia que moitos dos científicos que hai actualmente. Aínda que poida parecer unha "chorrada", ou simplemente non lle prestemos atención, ten moitísimo mérito. 




lunes, 28 de noviembre de 2016

Fuxir do noso planeta o máis rápido posible !





Foi o propio Stephen Hawking o que dixo isto, e insiste continuamente en que debemos de seguir buscando vida "para escapar da fráxil" Terra. 
Nestes últimos 50 anos, a nosa comprensión sobre o Universo experimentou "un gran cambio", e el móstrase feliz por contribuír a este proceso, así como tamén afirmou que estar vivo e investigar sobre física teórica en 2016 resulta "glorioso". 
É un triunfo o feito de que os seres humanos, que non somos máis que pó de estrelas polos elementos dos cales estamos constituídos, sexamos capaces de ter este gran entendemento sobre as leis que nos rixen e o Universo. 
Sen embargo, os avances na ciencia e a tecnoloxía poñen en riesgo que a vida se siga mantendo no noso planeta porque derivarán "novas vías polas que as cousas poden acabar mal", por exemplo: o desarrollo tecnolóxico de virus en laboratorios pode facer que un día un eses virus acaben ca raza humana; ou incluso o desarrollo da enerxía nuclear pode facer que esta mesma acabe co planeta. O que quero dicir con isto é que, aínda que á Terra se lle estiman varios millóns de anos de vida, non quere dicir que a especie humana vaia a perdurar tanto. 

Á moitas persoas pode que isto non lles importe nin o máis mínimo, xa que non vamos estar aquí cando suceda isto, pero temos que ter en conta que é moi importante que estudemos e adquiramos coñecementos para contribuír ao avance da ciencia e a tecnoloxía, e así abandoar dunha vez por todas a Terra para conolicemos outros planetas. 

lunes, 14 de noviembre de 2016

A SUPERLÚA


A Lúa chea deste luns 14 de novembro foi unha superlúa, a máis grande e brillante dos últimos 70 anos. Ata o 2034 non volveremos ver outra de tamaño semellante a esta.



Salida de la Luna esta noche junto a las torres de la catedral de Santiago de Compostela

Moitos observatorios e centros astronómicos de todo o mundo encargáronse de contalo e os medios de comunicación lograron recoller a noticia coa finalidade de ilusionar á xente e que se interese por estes temas.  Sen embargo, a superlúa non foi tan "súper" como nos fixeron crer xa que , para calquera de nós, o noso satélite non se veu demasiado diferente ao doutras Lúas cheas.

Con esto quero dicir que non podemos pensar que iamos ver algo xigantesco cerca nosa, coma se fora sacado dunha película de ciencia ficción. Esto son máis ben expectativas que os científicos fixeron divulgar para crear entusiasmo e facer crer á xente de que sería algo fora do común, cando realmente non foi así.

Pese a todo isto, si é certo que, para calquera de nós, a Lúa pareceu un pouco máis grande.
A superlúa prodúcese cando a Lúa alcanza o punto máis cercano á nosa Terra (perigeo) e, neste caso, coincide con que hai Lúa chea. Aquí vcos deixo un esquema para que o comprendades perfectamente.